martes, 21 de abril de 2015

Bases del concurso LITquest



Bases:

  1. Este concurso vai dirixido ao alumnado de 3º de ESO do IES O Couto. 
  2. O alumnado ten que formar grupos de catro (excepcionalmente de cinco). 
  3. Cada grupo nomeará un ou unha voceiro/a e elexirá un nome para o grupo relacionado coa literatura.
  4. Para poder participar débese mandar un correo electrónico á dirección bibliotecaiesocouto@gmail.com cos seguintes datos: nome do grupo, nome e apelidos dos compoñentes do grupo, curso ao que pertencen, nome do/a voceiro/a e unha dirección de correo electrónico que permita a comunicación. 
  5. O concurso consiste en responder ás preguntas que se irán publicando na páxina http://bibliotecaiesocouto.blogspot.com.es/ sobre autores, obras,  personaxes, etc. da literatura. 
  6. As preguntas deben contestarse na lingua na que se fan. 
  7. Farase unha pregunta ao día e a resposta debe enviarse á dirección bibliotecaiesocouto@gmail.com co nome do grupo. 
  8. Premio: 100 euros ao grupo que responda a todas as preguntas correctamente. Se hai empate entre dous grupos ou máis, o premio será para quen teña respondido antes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario